AXUDAS DESTINADAS A CENTROS MUSEÍSTICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2023. PRAZO: 26-12-2022

Data: 

sábado, 26 Novembro, 2022 (Todo o día) a luns, 26 Decembro, 2022 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT110C). BDNS (Identif.): 660495.

Obxecto e finalidade

Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2023 (código de procedemento CT110C).

Entidades beneficiarias

Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia e que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, con exclusión de:

a) Fundacións ou padroados en cuxo órgano de goberno participe a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e achegue recursos para financiar o seu funcionamento.

b) Entidades titulares de museos e centros museísticos destinatarios de subvencións nominativas coa mesma finalidade, consignadas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, nas partidas de gasto correspondentes á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Financiamento e contía das axudas

As axudas convocadas para o ano 2023 terán unha contía total de douscentos mil euros (200.000 €) que se imputarán aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 nas aplicacións orzamentarias 10.04.432A.760.4 (100.000 €) e 10.04.432A.781.2 (100.000 €).

O proxecto será cofinanciado entre o solicitante e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 10.000 € por proxecto, que en ningún caso poderá exceder o 80 % do investimento total aprobado.

Actividades subvencionables

1. Será susceptible de subvención ao abeiro desta orde a realización das seguintes actuacións e actividades:

a) Inventario, catalogación e/ou documentación gráfica ou audiovisual en soporte dixital dos fondos materiais e inmateriais que compoñen as coleccións.

b) Adquisición de equipamento para a conservación preventiva dos fondos museográficos e documentais do centro na exposición permanente ou nas áreas de reserva.

c) Actualización da exposición permanente nos contidos do seu discurso ou na súa museografía, incluíndo o desenvolvemento e produción de contidos complementarios audiovisuais e multimedia, audioguías ou recursos documentais doutro tipo postos a disposición do público nas salas para mellorar o acceso aos fondos.

d) Organización de exposicións temporais acordes co ámbito territorial e/ou temático do centro.

e) Realización de actividades didácticas e lúdico-culturais relacionadas co ámbito temático do centro.

f) Creación ou renovación da páxina web do centro.

g) Traballos de investigación sobre o patrimonio material e inmaterial relacionado coas súas coleccións ou co ámbito temático do centro.

h) Traballos de edición e tradución de publicacións científicas e divulgativas sobre as coleccións ou o ámbito temático do centro en calquera soporte en forma de catálogos, monografías, publicacións periódicas, folletos, produtos audiovisuais e multimedia.

i) Elaboración de documentos e estudos para a mellora e a innovación na xestión: plans museolóxicos, cartas de servizos, estudos de público, elaboración de plans de comunicación e márketing cultural, diagnósticos previos e planificación de medidas en favor da igualdade de mulleres e homes, así como medidas para a inclusión na xestión interna e na programación de actividades do museo.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 660495): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 

Descargas: