AXUDAS Á DANZA, A LÍRICA E A MÚSICA. PRAZO: 23-03-2023

Data: 

venres, 3 Marzo, 2023 (Todo o día) a xoves, 23 Marzo, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da resolución do 28 de febreiro de 2023 do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música pola que se convocan axudas á danza, a lírica e a música correspondentes a 2023. BDNS (Identif.): 678976.

Obxecto e finalidade

Axudas á danza, a lírica e a música en réxime de concorrencia competitiva, no marco das competencias do INAEM e de acordo cos obxectivos que ten encomendados en orde á preservación do patrimonio coreográfico, lírico e musical e á súa difusión no ámbito do territorio do Estado e fóra das súas fronteiras, favorecendo especialmente a comunicación cultural entre as distintas Comunidades Autónomas, a igualdade de todos os cidadáns no acceso aos servizos culturais e a creación e consolidación de novos públicos.

Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, con establecemento permanente en calquera Estado da Unión Europea e demais Estados asociados ao Espazo Económico Europeo, con plena igualdade de trato, fóra dos residentes nos considerados paraísos fiscais segundo o Real Decreto 1080/1991, do 5 de xullo, polo que se determinan os países ou territorios a que se refiren os artigos 2, apartados 3, número 4, da Lei 17/1991, do 27 de maio, de medidas fiscais urxentes, e 62 da Lei 31/1990, do 27 de decembro, pola que se aproban os Orzamentos Xerais do Estado para o ano 1991.

Así mesmo, poderán solicitar estas axudas as persoas, entidades e agrupacións indicadas no artigo 2.2 da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e llos seus organismos públicos. URL español https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2010-17455

Modalidades de axuda

 A. Axudas á danza.

A1. Programas de apoio para xiras por España e polo estranxeiro

A1.1. Apoio a compañías de danza para xiras por España e polo estranxeiro.

A1.2. Apoio a xiras de coproducións de danza interautonómicas.

A2. Programas de apoio a entidades sen ánimo de lucro de ámbito estatal para a realización de actividades de danza.

A3. Programas de apoio a festivais, mostras, certames e congresos de danza.

A4. Programas de apoio a espazos escénicos e musicais con programacións coreográficas estables.

A5. Programas de apoio a circuítos de danza organizados por redes de espazos escénicos e musicais, festivais e certames.

A6. Programas de apoio a residencias artísticas de danza no territorio nacional.

B. Axudas á lírica e a música.

B1. Programas de apoio para xiras por España e polo estranxeiro.

B1.1. Apoio a intérpretes e agrupacións de lírica e música para xiras por España e polo estranxeiro.

B1.2. Apoio a xiras de coproducións de lírica e música interautonómicas.

B2. Programas de apoio a entidades sen ánimo de lucro de ámbito estatal, para a realización de actividades de lírica e música.

B3. Programas de apoio a festivais, mostras, certames e congresos de lírica e música.

B4. Programas de apoio para a organización de tempadas líricas.

B5. Programas de apoio a encargos de composición vinculados a estrea.

B6. Programas de apoio a residencias artísticas de lírica e música no territorio nacional.

B7.Programas de apoio a empresas xestoras de salas privadas de música en vivo que desenvolvan programacións musicais estables.

B8. Programas de apoio a circuítos de música organizados por redes de salas de música en vivo.

Contía

O importe total máximo imputable á convocatoria será de 8.003.172 €.

En ningún caso a contía máxima individual das axudas poderá superar o 65% do custo total do proxecto, excepto na modalidade A5. Programas de apoio a circuítos de danza organizados por redes de espazos escénicos e musicais, festivais e certames, B8. Programas de apoio a circuítos de música organizados por redes de salas de música en vivo e A2. e B2. cando a entidade sen ánimo de lucro solicitante estea integrada, á súa vez, por asociacións, nese caso este límite poderase ampliar ata o 80 % do custo total do proxecto. Doutra banda, a axuda concedida non excederá as seguintes cantidades:

Modalidade A1, submodalidades A1.1 e A1.2: 100.000 euros.

Modalidade B1, submodalidades B1.1 e B1.2: 100.000 euros.

Modalidades A2 e B2: 100.000 euros.

Modalidades A3 e B3: 150.000 euros.

Modalidades A4 e B4: 100.000 euros.

Modalidade A5 e B8: 225.000 euros.

Modalidade B5: 15.000 euros.

Modalidades A6 e B6: 25.000 euros.

Modalidade B7: 100.000 euros

Nas modalidades A1.1, B1.1, A3, B3 e B5 en que solicite axuda para diferentes actividades, a contía máxima individual aplicarase a cada unha deles.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 678976): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/678976

-Na Dirección Xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM).

Descargas: