AXUDAS Á DANZA, Á LÍRICA E A MÚSICA. PRAZO: 21-05-2021

Data: 

domingo, 2 Maio, 2021 (Todo o día) a venres, 21 Maio, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da resolución do 26 de abril de 2021 do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música pola que se convocan as axudas á danza, á lírica e a música correspondentes a 2021. BDNS(Identif.): 559779.

Obxecto e finalidade

Axudas á danza, a lírica e a música en réxime de concorrencia competitiva, no marco das competencias do INAEM e de acordo cos obxectivos que ten encomendados en orde á preservación do patrimonio coreográfico, lírico e musical e á súa difusión no ámbito do territorio do Estado e fóra das súas fronteiras, favorecendo especialmente a comunicación cultural entre as distintas Comunidades Autónomas, a igualdade de todos os cidadáns no acceso aos servizos culturais e a creación e consolidación de novos públicos.

Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, con establecemento permanente en calquera Estado da Unión Europea e demais Estados asociados ao Espazo Económico Europeo, con plena igualdade de trato, fóra dos residentes nos considerados paraísos fiscais segundo o Real Decreto 1080/1991, do 5 de xullo, polo que se determinan os países ou territorios a que se refiren os artigos 2, apartados 3, número 4, da Lei 17/1991, do 27 de maio, de medidas fiscais urxentes, e 62 da Lei 31/1990, do 27 de decembro, pola que se aproban os Orzamentos Xerais do Estado para o ano 1991.

Así mesmo, poderán solicitar estas axudas as persoas, entidades e agrupacións indicadas no artigo 2.2 da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro.

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos. URL español https://www.boe.es/diario_ boe/ txt.php?ide=BOE-A-2010-17455

Modalidades de axuda

As modalidades de axuda que se convocan son as que a continuación se enumeran:

A-Programa de apoio a proxectos de danza.

A1. Axudas a empresas privadas para a realización de proxectos de danza.

A2. Axudas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de proxectos de danza.

A3. Axudas a entidades públicas para a realización de proxectos de danza.

B-Programa de apoio a proxectos de lírica e música.

B1. Axudas a empresas privadas para a realización de proxectos de lírica e música.

B2. Axudas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de proxectos de lírica e música.

B3. Axudas a entidades públicas para a realización de proxectos de lírica e música.

Contía

O importe total máximo imputable á convocatoria será de 6.205.482 €.

En ningún caso a contía máxima individual das axudas poderá superar o 75% do custo total do proxecto, excepto nas modalidades A3 e B3 que non poderá superar o 65% e na modalidade A2 cuxo proxecto sexa a organización de circuítos de danza por parte de redes de espazos escénicos e musicais, festivais e certames nese caso este límite poderase ampliar ata o 80 % do custo total do proxecto. Doutra banda, a axuda concedida non excederá as seguintes cantidades:

Modalidades A1, A3, B1, B2 e B3: 100.000 euros.

Modalidade A2: 150.000 euros.

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

 

 

 

 

Descargas: