AXUDAS DA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO ÁMBITO DA BIODIVERSIDADE TERRESTRE, MARIÑA E LITORAL, O CAMBIO CLIMÁTICO E A CALIDADE AMBIENTAL E PARA CONTRIBUIR Á COFINANCIACIÓN NACIONAL DO PROGRAMA LIFE DA UNIÓN EUROPEA.

Data: 

luns, 30 Novembro, 2015 (Todo o día) a venres, 15 Xullo, 2016 (Todo o día)

 

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

Resolución do 1 de marzo de 2016, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de actividades no ámbito da biodiversidade terrestre, mariña e litoral, o cambio climático e a calidade ambiental e, en réxime de concesión directa, para contribuír á cofinanciación nacional do programa LIFE da Unión Europea.

Primeiro.

Aprobar as bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de actividades no ámbito da biodiversidade terrestre, mariña e litoral, o cambio climático e a calidade ambiental, que figura como anexo I a esta resolución.

Segundo.

Aprobar as bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade en réxime de concesión directa para contribuír á cofinanciación nacional do programa LIFE da Unión Europea, que figura como anexo II a esta resolución.

 

ANEXO I
Bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de actividades no ámbito da biodiversidade terrestre, mariña e litoral, o cambio climático e a calidade ambiental

 

Obxecto das axudas.

1) Axudas para a realización de actividades relacionadas coa biodiversidade e o medio ambiente, sempre que se adecuen directamente aos fins da FB previstos nos seus Estatutos, e que presenten maior idoneidade para recibila con arranxo aos criterios establecidos.

2) Serán obxecto das referidas axudas só aquelas actividades que garden unha relación directa coas Liñas que integran o Plan de Actuación aprobado anualmente polo Padroado da FB, e que son as seguintes:

Biodiversidade terrestre.

Biodiversidade mariña e litoral.

Cambio climático e calidade ambiental.

Economía e emprego verde.

Relacións internacionais.

3) En cada convocatoria definiranse as Liñas de Actuación concretas.

Beneficiarios

1) Poderán participar nas convocatorias:

a) As entidades e organizacións sen ánimo de lucro de ámbito estatal ou que participen en redes, programas ou proxectos que, polas súas especiais características, haxan de levarse a cabo nun ámbito superior ao de Comunidade Autónoma ou no medio mariño. Ademais, deben ter sede en España, estar legalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente.

b) Os organismos públicos de investigación, universidades, corporacións de dereito público profesionais e aquelas que teñan como finalidade a representación, promoción e defensa dos intereses xerais do comercio, a industria, os servizos e a navegación, así como a prestación de servizos ás empresas que exerzan as indicadas actividades.

c) As administracións públicas e entidades locais que estean integradas en redes, programas ou plans de ámbito estatal ou que, polas súas especiais características, afecten a máis dunha Comunidade Autónoma.

d) As entidades mercantís, ou outras persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, nos casos e coas especificidades e requisitos esixidos en cada convocatoria.

e) Poderán concorrer especificamente ás axudas para o desenvolvemento de proxectos da liña de relacións internacionais:

As entidades sen ánimo de lucro con sede en España.

As grandes entidades non lucrativas de carácter internacional, que reúnan as características esixidas en cada convocatoria.

As entidades non lucrativas con sede nalgún dos Estados membros da Unión Europea que reúnan as características esixidas en cada convocatoria.

As entidades estranxeiras non lucrativas cuxa proposta presentada á Fundación Biodiversidade estea cofinanciada pola AECID ou outra axencia ou organismo español que promova actividades de cooperación internacional ao desenvolvemento.

2) Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas as entidades en quen concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13, apartados 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.

¿Cómo se presentan as solicitudes?

1) As convocatorias de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, apróbaas a Dirección da FB, no marco da delegación de competencias que ten atribuídas, de acordo coas bases reguladoras, co Plan de Actuación aprobado polo Padroado, e previa convocatoria pública.

2) As bases reguladoras e as convocatorias publicaranse na Base de Datos Nacional de Subvencións e na páxina web (www.fundacion-biodiversidad.es).

3) Poderanse aprobar varias convocatorias nun mesmo exercicio, así como limitar no seu caso o ámbito material de calquera delas.

4) O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación da convocatoria, ata a data final fixada na mesma (15/07/2016). No caso de que este prazo sexa prorrogado farase público a través da páxina web da FB e como estableza a normativa.

5) En cada convocatoria especificarase a documentación requirida e os prazos requiridos de entrega para poder constituírse como beneficiarios da axuda, así como os motivos de exclusión.

6) A FB fornecerá á Base de Datos Nacional de Subvencións a información esixida polo Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Subvencións.

 

ANEXO II
Bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade en réxime de concesión directa para contribuír á cofinanciación nacional do programa LIFE da Unión Europea

 

Antecedentes

O Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima (LIFE), xestionado pola Comisión Europea, é o instrumento financeiro da Unión Europea dedicado ao medio ambiente para o período 2014-2020. O seu obxectivo xeral baséase en catalizar os cambios no desenvolvemento e a aplicación das políticas mediante a achega de solucións e mellores prácticas para lograr os obxectivos ambientais e climáticos, así como mediante a promoción de tecnoloxías innovadoras en materia de medio ambiente e cambio climático.

O subprograma Medio Ambiente contido no LIFE para o período 2014-2020 ten entre as súas áreas prioritarias, por unha banda, a Natureza e Biodiversidade, e por outro, a Gobernanza e Información Ambientais. Estas áreas son elementos fundamentais para contribuír ao desenvolvemento e á aplicación da política e a lexislación da Unión neste ámbito, apoiar o desenvolvemento, a aplicación e a xestión da rede Natura 2000, promover a concienciación e favorecer a comunicación, xestión e difusión de información na área do medio ambiente.

Actualmente atópanse en execución proxectos LIFE +, concedidos durante o período comprendido entre 2007 e 2013. Este programa predecesor do actual programa LIFE, tiña os compoñentes de LIFE+ Natureza e Biodiversidade e LIFE+ Información e Comunicación. É intención da Fundación Biodiversidade colaborar nestes obxectivos, coincidentes cos seus propios.

Estas bases reguladoras regulan e establecen o procedemento para a concesión directa de axudas consistentes na cofinanciación de proxectos relativos ás áreas de LIFE mencionadas, que estean xa en execución ou vaian presentar unha proposta para o programa.

As axudas reguladas nestas bases reguladoras concederanse a todos aqueles proxectos solicitantes que reúnan as condicións para a súa obtención, sempre que exista dotación dispoñible e solicítense no prazo e a forma indicados.

Obxecto das axudas

Axudas para a realización de actividades contempladas en proxectos:

Proxectos LIFE+ sobre Natureza e Biodiversidade.

Proxectos LIFE+ sobre Información e Comunicación en relación con cuestións relativas á natureza e a biodiversidade.

Proxectos LIFE 2014-2020 Natureza e Biodiversidade.

Proxectos LIFE 2014-2020 Gobernanza e Información Ambientais.

Os proxectos poden estar xa aprobados ou en fase de presentación á convocatoria da Comisión Europea. As actividades para desenvolver deberán gardar coherencia coas metas previstas no Plan Estratéxico do Patrimonio Natural e da Biodiversidade 2011-2017.

Beneficiarios

1) As convocatorias definirán os beneficiarios de entre os seguintes:

a) As asociacións, entidades privadas sen ánimo de lucro e as organizacións non gobernamentais constituídas legalmente.

b) As fundacións do sector público.

c) Os organismos públicos de investigación, universidades, corporacións de dereito público profesionais e aquelas que teñan como finalidade a representación, promoción e defensa dos intereses xerais do comercio, a industria, os servizos e a navegación, así como a prestación de servizos ás empresas que exerzan as indicadas actividades.

d) As administracións públicas e entidades locais que estean integradas en redes, programas ou plans de ámbito estatal ou que, polos seus especiais características, afecten a máis dunha Comunidade Autónoma.

e) As entidades mercantís, ou outras persoas xurídicas, públicas ou privadas, nos casos e coas especificidades e requisitos esixidos en cada convocatoria.

2) As entidades deben ter sede en España, estar legalmente constituídas e inscritas, no seu caso, no rexistro correspondente.

3) As entidades que concorran deberán demostrar a necesidade de cofinanciación pública para a execución e/ou presentación do proxecto.

4) Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas as entidades en quen concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13, apartados 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, relativo aos requisitos para obter a condición de beneficiario.

¿Cómo se presentan as solicitudes?

1) As convocatorias de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, apróbaas a Dirección da FB, no marco da delegación de competencias que ten atribuídas, de acordo coas bases reguladoras, co Plan de Actuación aprobado polo Padroado, e previa convocatoria pública.

2) As Bases Reguladoras e as convocatorias publicaranse na Base de Datos Nacional de Subvencións e na páxina web (www.fundacion-biodiversidad.es).

3) Poderanse aprobar varias convocatorias nun mesmo exercicio, así como limitar no seu caso o ámbito material de calquera delas.

4) O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación da convocatoria, ata a data final fixada na mesma (15/10/2016). No caso de que este prazo sexa prorrogado farase público a través da páxina web da FB e como estableza a normativa.

5) En cada convocatoria especificarase a documentación requirida e os prazos requiridos de entrega para poder constituírse como beneficiarios da axuda, así como os motivos de exclusión.

6) A FB fornecerá á Base de Datos Nacional de Subvencións a información esixida polo Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Subvencións.

 

Descargas: