AXUDAS DA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA PROXECTOS APOIADOS POLO PROGRAMA LIFE NO ÁMBITO DA BIODIVERSIDADE 2018. PRAZO: 16-10-2018

Data: 

martes, 6 Febreiro, 2018 (Todo o día) a martes, 16 Outubro, 2018 (Todo o día)

 

Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Extracto da Resolución 29 de xaneiro de 2018 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a cofinanciación de proxectos apoiados polo programa LIFE no ámbito da biodiversidade 2018. BDNS(Identif.):384284.

Obxecto

O obxecto destas axudas é a cofinanciación de proxectos LIFE aprobados pola Comisión Europea en aspectos relacionados coa natureza e a biodiversidade.

Beneficiarios

Aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos nos apartados 4.1.a) e 4.2 e 4.3 das Bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia non competitiva para a realización de actividades relacionadas coas liñas de actuación da Fundación Biodiversidade.

Bases reguladoras

Resolución do 21 de decembro de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras de concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia competitiva, para a cofinanciación de proxectos apoiados polo programa LIFE no ámbito da biodiversidade 2018 (Anexo IV). «BOE» núm. 21, do 24 de xaneiro de 2018.

Dotación

A dotación máxima global da convocatoria é de ata 1.000.000 €. O importe máximo que se pode conceder por cada solicitude de axuda non pode ser superior a 200.000 €.

Prazo

O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria ata as 14:00 horas (hora peninsular) do día 16 de outubro 2018, nos termos e condicións especificados nas Bases Reguladoras aplicables a esta Convocatoria.

Máis Información

O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es

 

Descargas: