AXUDAS DA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA ACTIVIDADES DE COLABORACIÓN ANTE A ADMIN. XERAL DO ESTADO, A UNIÓN EUROPEA E AS ORGANIZACIÓNS DE CARÁCTER INTERNACIONAL NO ÁMBITO DA BIODIVERSIDADE, O CAMBIO CLIMÁTICO E O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. PRAZO: 07-03-2018

Data: 

martes, 6 Febreiro, 2018 (Todo o día) a mércores, 7 Marzo, 2018 (Todo o día)

 

Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Extracto da Resolución 29 de xaneiro de 2018 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades de colaboración e representación ante a Administración Xeral do Estado, a Unión Europea e ante as organizacións de carácter internacional no ámbito da biodiversidade, o cambio climático e o desenvolvemento sustentable 2018. BDNS(Identif.):384322.

Obxecto

A cofinanciación de actividades de colaboración e representación levadas a cabo por determinadas organizacións non gobernamentais, cuxo obxectivo principal é a defensa da protección do medio ambiente, en diversos órganos estatais e internacionais de participación pública para a elaboración, implementación e seguimento das políticas ambientais entre a Administración Xeral do Estado e os sectores sociais e económicos relevantes, sendo os interlocutores institucionais do diálogo permanente que se require para configurar unha política e unha planificación xeral ambiental en beneficio do interese xeral.

Beneficiarios

Aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos nos apartados 4.1.a) e 4.2 e 4.3 das Bases reguladoras da concesión de axudas pola Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia non competitiva para a realización de actividades relacionadas coas liñas de actuación da Fundación Biodiversidade. As entidades deben reunir, ademais, os requisitos descritos na convocatoria.

Bases reguladoras

Resolución do 21 de decembro de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras da concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a realización de actividades relacionadas coas liñas de actuación da Fundación Biodiversidade (anexo IV). BOE núm. 21, do 24 de xaneiro de 2018.

Dotación

A dotación máxima global da convocatoria é de ata 200.000€. O importe máximo que se pode conceder por cada solicitude de axuda non pode ser superior a 55.000€.

Prazo

O prazo para presentar solicitudes será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte á data de publicación. O último día de presentación das solicitudes finalizará ás 14:00 horas (hora peninsular).

Máis Información

O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es

Descargas: