Axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do PRTR. Prazo: do 13-12-2021 ao 31-12-2023

Data: 

luns, 13 Decembro, 2021 (Todo o día) a domingo, 31 Decembro, 2023 (Todo o día)

 

Axencia Instituto Enerxético de Galicia 

Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K). BDNS (Identif.): 593376.

Finalidade

A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023 para a concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Programa de incentivos 4: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable no sector residencial, administración pública e no terceiro sector, con ou sen almacenamento.

Programa de incentivos 5: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector residencial, administración pública e no terceiro sector.

Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.

Beneficiarios

Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3 da convocatoria, en concreto, os seguintes:

1. De conformidade co disposto no artigo 11 das bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas, que terán a cualificación de beneficiarios para os efectos desta convocatoria, son os seguintes:

a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

b) As entidades locais e o sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, este último sempre que non realice ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

c) As persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, incluíndo as entidades ou organizacións do terceiro sector, entendendo como entidades ou organizacións do terceiro sector as entidades ou organizacións privadas sen ánimo de lucro que non realicen ningunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

d) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso deberán estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

e) As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

f) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo a definición da Directiva 2018/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e da Directiva 2019/944, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño de 2019, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se modifica a Directiva 2012/27/UE, respectivamente, así como do artigo 4 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica, cando non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

Contía da axuda

Os custos subvencionables máximos, custos de referencia e contía das axudas para cada unha das actuacións veñen establecidos no anexo III do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, publicado no BOE núm. 155, do 30 de xuño, polo que se regula o programa de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento con fondos de enerxías renovables.

En ningún caso poderán superarse os límites de intensidade de axuda establecidos no artigo 41 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

Prazo de presentación de solicitudes de adhesión –IN422J– .

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia dos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxías renovables en Galicia, o cal sucederá, segundo o recollido no artigo 4 do Real decreto 477/2021, do 31 de decembro de 2023.

Prazo de presentación de solicitudes de axuda –IN422K–

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 13 de decembro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023.

Descargas: