AXUDAS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA ESTATAL DE INCENTIVOS Á MOBILIDADE EFICIENTE E SUSTENTABLE (PROGRAMA MOVES II). PRAZO: 10-09-2021

Data: 

xoves, 1 Outubro, 2020 (Todo o día) a venres, 10 Setembro, 2021 (Todo o día)

 

Axencia Instituto Enerxético de Galicia 

Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II), anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). BDNS (Identif): 522699.

 Finalidade

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2020-2021 para a concesión de axudas ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) -IN421Q-Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión da Actuación 1 e na Actuación 2 e -IN421R-Procedemento de presentación de solicitudes.

2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.

Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.

Beneficiarias

Actuacións 1 e 2:

Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.

Persoas físicas.

Comunidades de propietarios.

Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.

Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.

Actuacións 3 e 4:

Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.

Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W.

Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.

Prazo de presentación de solicitudes de axuda (IN421R)

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do día 1 de outubro de 2020 e rematará un ano despois da publicación no DOG da presente convocatoria.

Descargas: