Axudas ás corporacións locais para obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. Prazo: 15-07-2026

Data: 

mércores, 24 Xuño, 2026 (Todo o día) a mércores, 15 Xullo, 2026 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Extracto da Resolución do 9 de xuño de 2026 da Presidencia do Consello Superior de Deportes pola que se convocan axudas ás corporacións locais no ano 2026, para obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional.

BDNS (Identif.): 912935

Obxecto e finalidade

Financiar a realización de obras en infraestruturas deportivas executadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026, relacionadas coa celebración, con posterioridade ás devanditas obras, de competicións de carácter internacional en 2026 ou en anos posteriores.

Beneficiarios

As corporacións locais.

Bases reguladoras

Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes, publicada no BOE núm. 301, do 15 de decembro de 2012.

Contía

O importe máximo destinado a financiar as axudas é de 555.160 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince días contados desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín oficial del Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 912935): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/912935

-Na Sede electrónica: https://sede.csd.gob.es/oficinavirtual/fichaconvocatoria.aspx?idprocedim...

Descargas: