AXUDAS ÁS CORPORACIÓNS LOCAIS NO ANO 2019 PARA A EXECUCIÓN DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS E DOTACIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS PARA CAMPOS DE FUTBOL. PRAZO: 04-12-2019

Data: 

xoves, 21 Novembro, 2019 (Todo o día) a mércores, 4 Decembro, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da resolución, do 14 de novembro de 2019, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan axudas ás Corporacións Locais no ano 2019 para a execución de infraestruturas deportivas e dotación de equipamentos deportivos para campos de futbol. BDNS (Identif.): 482068.

Finalidade

Realización de obras e equipamento deportivo en campos de fútbol de titularidade municipal ou de terceiros, a condición de que teñan cedida a xestión ao Concello por un mínimo de 10 anos e onde se desenvolvan ligas non profesionais.

Bases Reguladoras

Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro (B.O.E. do 15 de decembro), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes.

Beneficiarios

Os beneficiarios das axudas ou subvencións serán as Corporacións Locais.

Importe

O importe máximo imputable á subvención será de 4.189.912,54.- €.

Prazo de presentación de solicitudes

Dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste extracto no B.O.E.

Descargas: