AXUDAS 2021 PARA A CREACIÓN DA REDE DE OFICINAS ACELERA PEME PARA CONTORNAS RURAIS. PRAZO: 22-02-2022

Data: 

xoves, 23 Decembro, 2021 (Todo o día) a martes, 22 Febreiro, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital

Extracto da Resolución do 15 de decembro 2021 da entidade pública empresarial Red.es, M.P., pola que se convocan as Axudas 2021 para a creación da rede de oficinas Acelera PEME para contornas rurais. BDNS(Identif.): 601566.

Obxecto

Incentivar a creación e consolidación da rede de Oficinas Acelera Peme para contornas rurais dentro do programa Acelera Peme para o impulso á adopción das tecnoloxías polas empresas españolas (incluídas as de nova creación), principalmente as pequenas e medianas empresas (pemes), autónomos e emprendedores.

Bases reguladoras

Orde ECE/1301/2019, do 17 de decembro, pola que se aproban as Bases Reguladoras para a concesión de axudas pola Entidade Pública Empresarial Red.es, M. P., a programas para o desenvolvemento do emprendemento tecnolóxico e a demanda tecnolóxica, no marco da Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital do Programa Estatal de I+D+i orientada a retos da sociedade (BOE do 9 de xaneiro de 2020), modificada pola Orde ETD/857/2021, do 28 de xullo.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas xurídicas que estean validamente constituídas en España:

a. Asociacións (incluíndo federacións, confederacións e unións destas) profesionais e empresariais legalmente constituídas e dadas de alta na Oficina Pública ou o Rexistro Correspondente de asociacións.

b. Colexios profesionais constituídos con arranxo ao ordenamento xurídico e rexistrados no Rexistro de Colexios Profesionais correspondente.

c. Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica que estean inscritos no Rexistro de centros creado polo Real Decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os Centros Tecnolóxicos e os Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica de ámbito estatal e créase o Rexistro de tales Centros.

d. As Deputacións Provinciais, as Comunidades Autónomas Uniprovinciales, os Cabidos Insulares, os Consellos Insulares, e as seguintes entidades locais supramunicipais definidas no artigo 3.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local:

d.1) As Comarcas ou outras entidades que agrupen varios Municipios, instituidas polas Comunidades Autónomas de conformidade con esta Lei e os correspondentes Estatutos de Autonomía

d.2) As Mancomunidades de Municipios.

Importe

O importe máximo total das axudas ascende á cantidade de vinte e tres millóns oitocentos mil euros (23.800.000 €).

O importe mínimo da axuda solicitada por proxecto será de trescentos mil euros (300.000 €) e o importe máximo da axuda solicitada será de catrocentos dez mil euros (410.000 €).

O importe da axuda será como máximo o 80% do orzamento subvencionable. O beneficiario cofinanciará a porcentaxe restante. A Resolución de concesión determinará a intensidade final da axuda, así como a axuda máxima concedida.

Outros datos

Red.es realizará un pago anticipado de ata o 100% do total da axuda concedida, previa solicitude do beneficiario, que terá a consideración de pago a conta, segundo o especificado no artigo 16 das Bases Reguladoras.

O pago da axuda restante realizarase á finalización satisfactoria da xustificación económica, unha vez efectuadas por Red.es todas as comprobacións que considere necesarias respecto á documentación de soporte, a consecución dos obxectivos do proxecto e a elixibilidade dos gastos imputados.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses (2) meses a partir do día seguinte á publicación do extracto desta Convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

 

Descargas: