Data:
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, asinou o 27 de decembro de 2021, coa conselleira de Política Social, Fabiola García, a renovación da Axenda Social Única 2021-2024. Por parte do Terceiro Sector, o documento está subscrito polas presidentas de EAPN-Galicia, Eloína Ingerto, e Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro, o representante de Cáritas Galicia, José A. Mouriño e o presidente de ONCE Galicia, Carlos Fernández.
A nova Axenda articula 93 medidas en tres bloques: acceso a servizos de desenvolvemento vital, factores de vulnerabilidade e mellora a planificación, xestión e coordinación. Porén, unha importante característica é que o documento é aberto e flexible, o que permite adaptalo ás circunstancias.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Texto do documento | 11.03 MB |