Data:
Piornedo, 8 de setembro de 2024.- No marco do proxecto Retturn - Rede de Experiencias Turísticas Baseadas na Contorna Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) organizou a formación "Capacitación de Dinamizadores de Turismo Rural Comunitario", que levou a cabo do 6 ao 8 de setembro de 2024 en Piornedoen colaboración co GDR Asociación Montes e Vales Orientais.
O curso forma parte da formación para achegar aos axentes turísticos do territorio e ás persoas interesadas en desenvolver un proxecto turístico a oportunidade de adquirir competencias para xerar productos turísticos revitalizadores das tradicións e cultura locais que incorporen coñecemento, valores e modos de vida tradicionais da comunidade rural.
En desenvolvemento do programa do curso se realizaron visitas guiadas e presentacións, como a visita guiada ao pobo de Piornedo e presentacións sobre experiencias turísticas e recursos locais, e como a Polavila,experiencia turística temática relacionada coa música tradicional, a cargo de Carlos Díaz Herrera, de Naviaventours.
Tamén se realizaron obradoiros prácticos, abordándose temas como a identificación de sinerxías entre gastronomía tradicional e experiencias turísticas, sustentabilidade turística, ecoturismo, e a construción de experiencias etnográficas, como a dinámica participativa sobre a identificación de sinerxías entre a gastronomía tradicional local e as experiencias turísticas baseadas na tradición rural do territorio desenvolvida por Román Sánchez e Antonio del Pueblo, da Cooperativa A Carqueixa.
A innovación e emprendimiento tamén tivo o seu espazo e tratáronse temas de calidade e accesibilidade no turismo, oportunidades de financiamento, e deseñáronse experiencias turísticas innovadoras adaptadas ás demandas do mercado, como a intervención sobre os recursos turísticos locais que revalorizan o patrimonio e poden constituir unha experiencia para o deseño dun paquete turístico para a zona, a cargo de Fe Álvarez, da GDR Asociación Montes e Vales Orientais e do Xeodestino Ancares terras de Burón.
E sobre a dixitalización do sector explorouse o uso de ferramentas dixitais para a comercialización de experiencias turísticas e o desenvolvemento de plans de mercadotecnia.
Esta formación foi unha valiosa oportunidade para fomentar o turismo rural e contribuír á preservación do patrimonio cultural na comarca dos Ancares.