Avances nos traballos do protocolo de seguridade para as traballadoras do SAF

Data: 

martes, 19 Maio, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2026.- A sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) acolleu unha nova xuntanza da mesa de traballo do protocolo de seguridade para as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Nela participaron representantes da Consellería de Política Social, da Delegación do Goberno en Galicia, do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dos sindicatos representaivos no sector (CIG, CCOO e UGT), das asocacións empresariais (AGESAF e ASADE), do Colexio do Traballo Social de Galicia, e estivo presidida polo vicepresidente primeiro da FEGAMP e alcalde de Poio, Ángel Moldes, acompañado do vicepresidente segundo e alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e da vicepresidenta executiva e alcaldesa de Betanzos, María Barral.

Na reunión avaliaronse o carto borrador elaborado polo ISSGA e as achegas presentadas polas organizacións participantes na mesa, avanzándouse ata dar o visto bo ao documento final á espera de rematar o anexo coas modificacións normativas e os compromisos necesarios.