Santiago de Compostela, 25 de otubro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) continua implicada no desenvolvemento do proxecto EC4RURAL, liderado pola Universidade de VIgo, e esta semana ten participado nas iniciativas cleebradas en Silleda e Muras.
En Silleda, se celebrou o xoves 24 de outubro unha xuntanza informativa para promover o "grupo tractor", que sería o encargado de poñer en marcha o soporte xurídico da comunidade enerxéticalocal. Unha trintena de persoas quixeron coñecer mais detalles sobre a constitución desta entidade de base socia e participaron na xuntanza. A alcaldesa, Paula Fernández, recibiu a placa de “Concello en transición enerxética”, o distintivo que EC4RURAL outorga aos municipios adscritos ao proxecto.
No caso de Muras (Lugo), a sesión informativa celebrouse o pasado 21 de outubro contou coa participación do seu alcalde, Manuel Requeijo, e dunha vintena de veciños e veciñas, para coñecer o funcionamento das comunidades enerxéticas.
En ambas iniciativas participou unha representación dos promotores do proxecto, encabezada por Xabier Simón, da Universidade de Vigo, que estivo acompañado por representantes da FEGAMP e EspazoCoop, socios do proxecto EC4RURAL.