Adhesión Axenda Social de Galicia

Data: 

martes, 7 Xuño, 2016 - 12:30

A Fegamp subscribiu coa Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) a adhesión á nova Axenda Social de Galicia, impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta. Entre as medidas incluidas está unha maior coordinación das administracións e a apertura dunha liña de axudas autonómica aos concellos, que entre outras cuestións, dará cobertura ao 40% do prezo dos medicamentos para familias con dificultades. Haberá ademais actuacións de apoio para contratal persoal para os servizos sociais e apoio técnico para procesos de inclusión social.