Aberto o prazo de inscrición do Plan de Formación Continua 2015 da Fegamp

Data: 

xoves, 23 Xullo, 2015 (Todo o día)

Desde hoxe (23 de xullo) e ata o próximo 11 de agosto está aberto o prazo de inscrición no Plan de Formación Continua 2015 da Fegamp. Os cursos están dirixidos exclusivamente ao persoal que desenvolve as súas funcións na administración local e que cumpra os requisitos especificados nas bases da convocatoria. O Plan Interadministrativo inclúe 25 cursos, 6 deles, presenciais, e o resto, en liña. En caso de que non se cubran todas as prazas, o prazo de inscrición manterá aberto ata completar a totalidade delas.

Xuntamos enlace do Plan de Formación Continua 2015 da Fegamp (inclúe as bases, o cadro resumo de accións formativas e a ficha de inscrición), que poden consultar tamén no apartado 'Áreas', sección 'Formación' desta páxina web: http://www.fegamp.gal/formacion/continua.

Para calquera consulta deben dirixirse a formacion.continua@fegamp.gal ou chamar ao departamento de Formación Continua da nosa Federación, no teléfono (981) 555 999.