Data:

O 20 de novembro de 2019 celébrase o 30 Aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, o tratado de dereitos humanos máis ratificado do mundo e a guía de traballo para lograr o cumprimento dos dereitos de todos os nenos e nenas.
A UNICEF gustaríalle que este día tan importante Galicia se ilumine de azul, de tal xeito que amosemos entre todos o esforzo compartido para que os dereitos da infancia se vexan cumpridos en todo momento e todo lugar. Un día relevante para amosar os avances conseguidos e unha oportunidade para chamar a atención á cidadanía sobre a situación da infancia máis desfavorecida, dando a coñecer os seus dereitos e concienciando sobre a importancia de traballar polo seu benestar e desenvolvemento.
Para que este ano sexa un día todavía máis especial, están lanzando unha petición ás Administracións Públicas para se animen a iluminar o exterior de instalacións institucionais, monumentos ou lugares emblemáticos en cada localidade.