3 de xullo de 2025 -Illa da Culatra (Algarve, Portugal) - Visita á comunidade enerxética

Os socios do proxecto CELRURAL visitaron o piloto portugués da Illa da Culatra, un claro exemplo de sostibilidade a través do uso eficiente de enerxías renovables. A decisión de levalo a cabo nesta localización xurdiu do compromiso de impulsar un modelo enerxético resilente e autosuficiente, adaptado ás especificidades da illa e as súas necesidades.

Entre as principais características presentes no piloto están a integración da comunidade no proxecto, con campañas de sensibilización e educación enerxética que fomentan o uso racional da enerxía. Tamén destaca a implantación de sistemas de monitorización das xeracións fotovoltaicas instaladas, permitindo un seguimento continuo de produción e o consumo.

O piloto da Illa da Culatra, conta con consumidores asociados que son propietarios particulares de vivendas, pequenas empresas e servizos e equipamentos comunitarios. Consta de 5 unidades de xeración de enerxía renovable, cunha capacidade instalada de 85,8 kWp e unha produción anual estimada de 156,4 MWh. O sistema integrado está deseñado para aproveitar ao máximo os recursos solares dispoñibles na illa, contribuindo significativamente á sostibilidade enerxética local.

 

Fotos da visita