2ª convocatoria do programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (Programa Moves Flotas). Prazo: do 09-01-2023 ao 08-03-2023 (14:00 h.)

Data: 

luns, 9 Xaneiro, 2023 (Todo o día) a mércores, 8 Marzo, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Extracto da Resolución do 30 de novembro de 2022, do Consello de Administración de E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se establece a segunda convocatoria do programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (PROGRAMA MOVES FROTAS) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. BDNS (Identif.): 663650

Obxecto

Concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros, segundo definición incluída no apartado 3 do artigo 2 das bases reguladoras do Programa MOVES FLOTAS.

Artigo 2. Apartado 3. Poderán ser obxecto de axuda, os proxectos relacionados coas actuacións incluídas no anexo I, que consigan unha redución do consumo de enerxía final e como consecuencia diso unha menor dependencia enerxética do petróleo e a diminución das emisións de CO2:

ANEXO I Actuacións incentivables. Serán elixibles proxectos integrais de renovación de frota, que inclúan polo menos, a Actuación 1 das seguintes que se enumeran:

Actuación 1. Adquisición de vehículos eléctricos e de pila de combustible.

Actuación 2. Instalación de puntos de recarga no aparcamento da frota, como parte do proxecto de electrificación da empresa.

Actuación 3. Custos de transformación da frota cara á electrificación.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios do programa:

a. Todo tipo de empresas con personalidade xurídica propia (Micro, Pequena, Mediana e Gran Empresa).

b. O sector publico institucional, a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Bases reguladoras

Orde TED/1427/2021, do 17 de decembro do Ministerio para a Transición Ecolóxica, publicada en BOE nº 305 do mércores 22 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (Programa MOVES FLOTAS).

Orzamento

1. A presente convocatoria conta cunha dotación orzamentaria máxima inicial de cincuenta millóns de euros (50 millóns de euros), que serán previamente transferidos a IDAE desde os Orzamentos Xerais do Estado da aplicación orzamentaria 23.50.420 B.748 "AI IDAE. Para a promoción de enerxías renovables, eficiencia enerxética e mobilidade sostible. Mecanismo de Recuperación e Resiliencia".

Este orzamento será obxecto de financiamento co Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dado que o programa obxecto da presente convocatoria forma parte da Compoñente 1, Investimento 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia aprobado polas institucións europeas competentes.

2. Establécese un límite máximo de axuda para os proxectos que se presenten ao programa de incentivos, sendo para a Actuación 1 definida en Anexo I da Orde TED/1427/2021 do 17 de decembro, de 500 vehículos por solicitude, así como un mínimo de 25 vehículos por solicitude. Para a Actuación 2 o número de puntos de recarga incentivados non poderá ser superior a número de vehículos incentivados e para a Actuación 3, establécese un límite máximo de axuda de 60.000 €. 

3. As axudas serán incompatibles con outras subvencións ou axudas que puidesen concederse para a mesma finalidade, procedentes de calquera administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de axuda obxecto desta convocatoria e a súa documentación poderán presentarse desde as 9:00 h do día 9 de xaneiro de 2023 ata as 14:00 horas do día 8 de marzo de 2023.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 663650): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/663650

-Na sede electrónica do IDAE: https://www.idae.es