
María Lamelas, técnica de proxectos da FEGAMP visitou ás instalacións da comunidade enerxética constituída recentemente no concello de Xermade. Estivo acompañada por José Prieto, tenente alcalde, representante municipal na CER e por Ernesto Ares, secretario da CER. A comunidade enerxética foi constituída en setembro baixo o nome de XERando. As instalacións executáronse tras un proceso de licitación en decembro de 2024 por un importe de uns 50.000 euros.
A FEGAMP e o concello de Xermade forman parte da comunidade enerxética como socios institucionais. Ademais xa conta con 42 socios entre veciños, PEMES e unha comunidade de montes. A instalación realizouse na nave municipal do polígono e conta con 80 módulos fotovoltaicos para unha potencia pico de 40 kWp.
Actuación enmarcada no proxecto CEL RURAL cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

Sede Electrónica


