26 e 27 de novembro 2024 – Sevilla – Reunión de seguimento e evento de difusión do proxecto europeo CELRURAL

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participa no proxecto CELRURAL, de fomento da implantación de comunidades enerxéticas locais en contornas rurais co obxectivo da adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético.

CELRURAL é un proxecto de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal cofinanciado polo programa operativo Interreg - POCTEP e liderado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), no que participan socios de ambos países.

Este proxecto supón unha oportunidade para achegar investimentos ao concellos rurais que contribúan de xeito efectivo á consolidación da figura das comunidades enerxéticas como ferramentas de cohesión territorial e de dinamización socioeconómica. Os pilotos que se desenvolverán a través deste proxecto serán demostradores tecnolóxicos replicables noutros territorios facilitando así a toma de decisións no desenvolvemento técnico das comunidades enerxéticas.

Os socios do proxecto repasaron as actuacións desenvolvidas no último ano e acordaron os pasos a seguir nos próximos meses, unha vez que xa están constituidas formalmente todas as comunidades enerxéticas nos municipios seleccionados por cada unha das rexións participantes:

- Xermade. Galicia. España.

- Vila Verde. Comunidade Intermunicipal do Cádavo. Portugal.

- Fontiveros. Deputación de Ávila. España.

- Illa de Culatra. Rexión do Algarve. Portugal.

galer_a_fotos