20 marzo 2025 - Santiago - Presentación da Segunda Convocatoria de Financiación para comunidade enerxética rural

 

O 20 de marzo ás 11:00 horas tivo lugar na sede da FEGAMP a presentación e lanzamento da segunda convocatoria para a selección de piloto galego no marco do Proxecto CELRURAL. Esta xornada tivo como obxectivo dar a coñecer os primeiros resultados do proxecto en Xermade, concello seleccionado na convocatoria de 2024.

A continuación o Centro Tecnológico Nacional ITG, presentou os requisitos da segunda convocatoria de financiación para 2025. 

Para rematar a xornada, abriuse unha quenda de preguntas na que os participantes tiveron a oportunidade de interactuar cos relatores, afondar nos contidos expostos e aclarar dúbidas. Este diálogo permitiu enriquecer o debate e fomentou un intercambio de ideas complementario ás presentacións realizadas ao longo do evento.

Xornada gratuíta en formato presencial ata completar aforo: 40 persoas. Dirixida a persoal técnico e político de concellos e GDR interesados nas comunidades enerxéticas no rural. 

Arquivos: 

galer_a_fotos