Data:
mércores, 25 Novembro, 2020 (Todo o día)
Arredor de 17.000 mulleres solicitaron en 2019 algún tipo de información ou axuda nos CIMs municipais. Malia existencia de 82 Centros de Información á Muller na nosa comunidade, nunca se fixera ningún informe ou análise global sobre a situación da rede asistencial.
O pasado 11 de setembro a presidenta de ASOCIM (Asociación de Profesionais dos CIMs) trasladaba ao presidente da Fegamp a súa preocupación pola situación destes servizos. Sen datos precedentes de referencia, ao saír da reunión, a Federación puxo en marcha un estudio.
Mediante unha enquisa valorouse a estrutura así coma os seus recursos económicos e humanos. Este é o resultado.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
informeaccionconcellosgalegospolaigualdadev5.pdf | 1.03 MB |