19 de setembro 2024 - Mais de 30 socios crean en Xermade unha comunidade enerxética rural

O proxecto de creación dunha Comunidade Enerxética Rural (CER) en Xermade deu este xoves o seu paso definitivo coa constitución da entidade, na que xa se inscribiron 30 socios, entre os que se encontra a FEGAMP como socio institucional, o concello, a comunidade de montes de Lousada,con 65 comuneros e catro representantes de empresas. Para isto, nomeouse unha xunta directiva provisional, que se encargará de realizar os trámites para legalizar este colectivo.

A FEGAMP escolleu Xermade de entre 240 concellos para participar no proxecto CELRURAL e aporta 50.000 euros para financiar unha nova planta fotovoltaica na cuberta da nave de titularidade municipal situada no polígono.

O próximo 1 de xaneiro de 2025, esta unidade de produción de enerxía estará conectada a rede, tal e como explicaron na reunión, na que asistiu o alcalde, Roberto García. Poderán obter suministro eléctrico os socios que se atopen nun radio de 2 kilómetros, aínda que a idea é ir ampliando as instalacións fotovoltaicas nos núcleos de poboación do municipio nos que exista suficiente demanda enerxética.

A comunidade enerxética encargarase de xestionar a solicitude de subvencións para a obtención de fondos. A esta comunidade poderán unirse en calquera momento persoas físicas ou xurídicas con vínculo en Xermade.

"É unha comunidade innovadora,con moitas perspectivas de futuro", afirmó Carlos Amoedo, asesor xurídico da UDC e encargado de orientar nos trámites para a constitución da CER xunto a Fernando Pereira, que o fixo na parte técnica.
"Isto vai de aforrar, pero temos a posibilidade de xerar enerxía tamén e que o fagamos como colectivo ten moitas vantaxes á hora de negociar coas comercializadoras fronte a facelo individualmente", apuntó Pereira.

 

galer_a_fotos