18ª Edición - Panos brancos contra a droga 2024 - Campaña de sensibilización social

Data: 

mércores, 26 Xuño, 2024 (Todo o día)

A FEGAMP, un ano máis apoia esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2024 a súa décimo oitava edición.

O propósito desta campaña é conmemorar de forma especial o 26 de xuño o "Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas", establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU. 

Convidan aos concellos e institucións que conforman a FEGAMP a adherirse simbólicamente á campaña, compartindo as efemérides a través da publicación en web e RRSS e a exhibir o Cartel conmemorativo e publicar ou exhibir o Manifesto do Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas (26 de xuño 2024). 

Máis información: https://www.fundacioncontraonarcotrafico.org

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon CARTEL CAMPAÑA 2024354.31 KB
PDF icon MANIFESTO CAMPAÑA 2024215.23 KB