Data:
ACTOS CENTRAIS: terán lugar en A Illa de Arousa o día 26 de xuño de 2023, ás 12:30 h na Praza do Regueiro, contando coa asistencia de autoridades, cidadáns e colectivos sociais da Illa de Arousa.
A FEGAMP, un ano máis apoia esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2023 a súa décimo sétima edición.
O propósito destes actos é conmemorar de forma especial o Día Internacional contra a droga, establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU.
Convidan aos concellos e institucións que conforman a FEGAMP a adherirse simbólicamente á campaña, compartindo as efemérides a través da publicación en web e RRSS e a exhibir o Cartel conmemorativo e publicar ou exhibir o Manifesto do Día Internacional contra a Droga.
Máis información: https://www.fundacioncontraonarcotrafico.org
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
CARTEL CAMPAÑA 2023 | 835.54 KB |
MANIFESTO CAMPAÑA 2023 | 196.82 KB |