11 xuño 2024 - Resolución selección de concello piloto para a execución de comunidade enerxética rural

O proxecto CEL RURAL: Desenvolvemento de actuacións piloto para o fomento de comunidades enerxéticas locais en entornos rurais do espazo POCTEP,  pretende contribuír aos desenvolvemento das comunidades enerxéticas en Galicia e, concretamente, entre os concellos rurais galegos.

Para poder realizar as inversións previstas no proxecto para o ano 2024 (aprox. 50.000 €), a Fegamp promoveu a selección dun concello rural no que poder executar un piloto de comunidade enerxética rural instalando a tecnoloxía necesaria.

A continuación poderá atopar o Informe de xustificación da selección do concello para o piloto de CEL Rural de Galicia, elaborado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia e aprobado pola Xunta de Voceiros da Fegamp na súa reunión ordinaria de 11 de xuño de 2024.

O informe recolle a proposta de elección do concello de Xermade como concello piloto, proposta ratificada pola Xunta de Voceiros da Fegamp na reunión ordinaria de 11 de xuño de 2024.

Arquivos: