10 de marzo 2026 - Santiago - PROXECTO CELRURAL - Presentación de Guía Metodolóxica - Posibilidades de Comunidade Enerxética Local

Data: 

martes, 10 Marzo, 2026 - 10:00 a 11:00

 

A Guía Metodolóxica de Comunidades Enerxéticas Rurais, é un documento práctico dirixido a administracións locais, cidadanía, entidades sociais e tecido económico do medio rural interesado en impulsar proxectos de enerxía renovable compartida. Elaborada no marco do proxecto europeo CELRURAL financiado con fondos Interreg POCTEP España-Portugal 2021-2027. O documento ofrece orientacións, ferramentas e recursos para facilitar a creación e xestión de comunidades enerxéticas, promovendo un modelo enerxético máis sostible, descentralizado e participativo nos territorios rurais.

Que son as comunidades enerxéticas rurais?

As Comunidades Enerxéticas Locais (CEL) son iniciativas colectivas nas que persoas, pequenas empresas e administracións se organizan para producir, consumir e xestionar enerxía renovable de maneira compartida e democrática, sen ánimo de lucro. O seu obxectivo é xerar beneficios sociais, ambientais e económicos para a comunidade e o territorio onde se desenvolven.

No medio rural, estas iniciativas representan unha oportunidade para aproveitar recursos naturais locais, reducir custos enerxéticos, crear emprego verde e reforzar a cohesión social, contribuíndo ao mesmo tempo á loita contra o cambio climático e á transición cara a un modelo enerxético máis xusto.

Que ofrece a guía?

A guía metodolóxica achega información clara e accesible sobre:

  • o funcionamento do sistema eléctrico e o papel da xeración renovable distribuída
  • o marco legal das comunidades enerxéticas en España e Portugal
  • modelos de gobernanza e formas xurídicas (asociacións, cooperativas, etc.)
  • vías de financiamento e apoio público
  • diferenzas entre autoconsumo colectivo e comunidade enerxética
  • solucións tecnolóxicas aplicables no medio rural (solar, eólica, biomasa, almacenamento)

O documento tamén recolle exemplos reais, boas prácticas e ferramentas para acompañar ás comunidades no proceso de creación e desenvolvemento das comunidades enerxéticas en distintos escenarios.

PROGRAMA DA XORNADA

10:00 h. Benvida

Patricia Vilán, secretaria xeral, FEGAMP

10:10 h. Presentación do proxecto CEL RURAL. Concellos de Xermade e Moeche

Pablo Álvarez, ITG - Coordinador do proxecto

10:20 h. Presentación da Guía Metodolóxica para a implantación de Comunidades Enerxéticas en zonas rurais

Luis Molano, Senda Green  

10:45 h. Aplicación. Interés de desenvolvemento dunha CEL no Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga

Paco González, xerente GDR Terra e Auga

 

Modalidades de inscricións: Presencial  /  WEBINAR   

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMA1009.19 KB