1 de xullo de 2025 - Moeche - Presentación á veciñanza do piloto de Comunidade Enerxética Rural

Gran éxito de asistencia na presentación do segundo piloto do proxecto CELRURAL en Moeche

Presentación do segundo piloto do proxecto CELRURAL, nun acto que contou cunha ampla participación veciñal e institucional, reflectindo o interese crecente polas comunidades enerxéticas en contornas rurais.

O acto foi presentado pola alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, quen destacou o compromiso do concello coa transición enerxética sostible. A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou a través do seu Vicepresidente Segundo,  Secundino García, alcalde de San Sadurniño.

Na xornada interviñeron tamén a secretaria-interventora do concello de Xermade, onde se desenvolveu o primeiro piloto de Galicia dentro do proxecto CELRURAL, así como Pablo Álvarez e Eva Méndez, en representación do ITG, entidade que coordina o desenvolvemento técnico da iniciativa.

Durante a presentación, deuse a coñecer que a instalación da comunidade enerxética se levará a cabo na nave do mercado municipal, espazo que acollerá a infraestrutura principal do proxecto. Así mesmo, anunciouse que Moeche converterase no primeiro concello de Galicia en beneficiarse da modificación introducida no Real Decreto-ley 7/2025, de 24 de junio, por el que se aprueban medidas urgentes para el refuerzo del sistema eléctrico, que amplía de dous a cinco quilómetros a área de influencia na que poden operar as comunidades enerxéticas. Esta ampliación permitirá que un maior número de fogares, empresas e entidades locais poidan participar e aproveitar os beneficios deste modelo de enerxía compartida.

Entre o público asistente atopábanse tamén o alcalde de Xermade, Roberto García e o primeiro tenente de alcalde, José Prieto; a secretaria-interventora de Moeche, Consolación Couce; a técnica de proxectos da FEGAMP, María Lamelas; o xerente do GDR Seitura 22, Miguel Teixido; José Manuel Golpe, deputado autonómico e consultor enerxético na Oficina de Transformación Enerxética da Deputación da Coruña; e unha trintena de socias e socios da Asociación Comunidade Enerxías Renovables Moeche (ACER Moeche).

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional – FEDER –Programa de Cooperación INTERREG VI – España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

 

Arquivos: 

Fotos da Xornada