Axenda Fegamp

30/03/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, mantivo unha reunión co director xeral da Admnistración Local, José Albertos Pazos Couñago, para tratar asuntos do Convenio GES 2016.

17/03/2016

Fegamp, Xunta de Galicia e os 29 concellos que dispoñen de efectivos de Grupos de Emerxencia Supramunicipais reunirónse no Consello Económico Social.

17/03/2016

Na reunión celebrada estiveron presentes por parte da Fegamp, o presidente Alfredo García, o secretario xeral, Eduardo Ramonde e a técnica de Federación, María Lamelas.

16/03/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, e a presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Saleta Goy, asinan o Convenio para difundir a obra de Manuel María co gallo da celebración das Letras Galegas 2016.

16/03/2016

Celebración na Fegamp da IV Comisión Executiva, correspondente ao mes de marzo.

09/03/2016

Reunión da Xunta de Voceiros na Fegamp correspondente ao mes de marzo.

09/03/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibiu na nosa sede de Santiago de Compostela á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Éthel Vázquez, que deixou a súa sinatura no Libro de Visitas.

09/03/2016

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, reúnese co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Éthel Mª Vázquez Mourelle.

07/03/2016

A Federación Galega de Municipios e Provincias, representada polo vicepresidente primeiro, Alfonso Villares, participa na entrega dos Premios Coopera 2015, organizados pola Xunta de Galicia.

02/03/2016

O presidente da FEGAMP, Alfredo García, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal.

Páxinas