SOLICITUDE DE INTERVENCIÓN DA UME

A Fegamp recibiu a encomenda de tramitar as peticións de servizo da Unidade Militar de Emerxencias.
Tódalas solicitudes, sen excepción, serán enviadas acotío á Delegación de Goberno.
Os datos requiridos axudarán a priorizar e organizar as intervencións que serán comunicadas directamente aos concellos pola autoridade competente.

IMPORTANTE:

Informámoslle que o esforzo principal das FAS nas tareas de desinfección estase levando a cabo en infraestruturas críticas, en grandes espazos públicos que poidan ser focos de contaxio por ter unha gran carga viral, e en  grandes centros sanitarios e residencias de maiores, discapacitados ou menores, nos que se producisen falecementos por COVID ou haxa moitos contaxios.

Polo tanto as solicitudes de desinfección polas FAS que se tramiten teñen que cumprir con estes parámetros.

O concello que queira solicitar a desinfección de residencias de maiores, discapacitados ou menores, tanto públicas como privadas, debe realizar esta petición ás delegacións territoriais da Consellería de Política Social, xa que é esta Consellería a que dede supervisar todos estos centros e polo tanto a que debe efectuar de forma priorizada as peticións de desinfección.

Gracias pola vosa colaboración

ESPAZO A DESINFECTAR

Describa brevemente a instalación (máx. 300 caracteres)