A través dun convenio de colaboración firmado o 5 de novembro de 2018 entre a Fegamp, a Xunta de Galicia e UNICEF Comité Español, a Fegamp promoverá a implantación no eido municipal do programa Cidades CAI que motiva o desenvolvemento integral da infancia e adolescencia cun enfoque de dereitos e a creación espazos duradeiros de participación para eles.
Novas
Oito concellos galegos foron recoñecidos co distintivo Cidade CAI (Cidade Amiga da infancia) de UNICEF e outros dous foron premiados no certame de Boas Prácticas en Dereitos de Infancia e Política Municipal
O convenio achega case 4 millóns de euros aos concellos para financiar os programas asistenciais que desenvolven as 13 Unidades de Atención á Drogodependencia (UAD) que existen en Galicia.
O presidente da Fegamp na súa intervención no seo da “Semana Europea das Rexións e Cidades” en Bruxelas, e poñendo como exemplo a realidade galega, pediu a supresión da condición de ter máis de 20.000 habitantes para acceder a fondos europeos como os EDUSI destinados a desenvolvemento dos pobos e cidades.
Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital
- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza na Coruña este certame co apoio do concello, que é socio da rede de administracións locais
- A loita contra a pobreza e a prol da igualdade son os temas centrais das obras, baseadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible impulsados pola ONU
O 12 de setembro presentáronse na sede da Fegamp as actividades ofertadas para o curso 2018-2019 en materia de violencia de xénero nas que inclúen proxeccións, obradoiros, exposicións ou formación específica na materia, que os concellos integrantes da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero poden solicitar de forma gratuíta.
O convenio foi asinado oficialmente o 9 de agosto entre a Fegamp, a Consellería de Medio Rural e a empresa pública Seaga
O presidente da Fegamp, Alfredo García, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron un novo convenio de colaboración co obxectivo de afondar na prestación de servizos sociais tanto por parte dos concellos como da administración autonómica.
As tres entidades colaboran na posta en marcha dunha campaña de sensibilización para minorizar a violencia sexista nas festas populares a través de carteis, pulseiras e marcapáxinas con contido sensibilizador sobre o tema