Novas

27/07/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias asinou coa Xunta de Galicia a cesión ao Sergas de 29 centros de saúde que a día de hoxe son de titularidade municipal e que estaban pendentes de traspaso.

20/07/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias acordou coa Consellería do Medio Rural e a Confederación de Empresarios de Madeira de Galicia (Confemadera) a creación dunha ordenanza-tipo que regule as actividades de corte e saca de madeira a través das pistas e camiños de propiedade municipal.

21/06/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias vén de aprobar o Plan Interadministrativo de Formación Continua para 2016, cun total de 25 cursos que pretenden mellorar as capacidades do persoal que traballa nos concellos galegos.

16/06/2016 

A sede da Fegamp acolleu a Comisión Institucional do Pacto Local da Auga, na que foi a primeira xuntanza celebrada durante o presente mandato.

16/06/2016 

A Fegamp aprobou abrir unha liña de colaboración coa Fundación Inade, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á transmisión de coñecemento en materia de xestión do risco e os seguros.

24/05/2016 

A Fegamp e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración que vai permitir que os concellos que o demanden poidan recibir o asesoramento preciso sobre os cambios nas valoracións catastrais realizadas polo Ministerio de Facenda.

19/05/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias conmemorou as Letras Galegas deste ano, que homenaxean ao poeta chairego Manuel María, celebrando a súa Comisión Executiva en Outeiro de Rei.

11/05/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Xunta de Galicia asinaron hoxe un acordo marco que vai regular o financiamento dos centros de día e escolas infantís que formen parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

20/04/2016 

A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias deu luz verde por unanimidade á sinatura dun acordo marco sobre os centros de día e as escolas infantís incluídas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

13/04/2016 

A Federación Galega de Municipios e Provincias recibiu hoxe da man da Consellería de Política Social o documento de traballo para a configuración da nova Axenda Social de Galicia.

Páxinas