INFO XORNADA: A transparencia na administración local de Galicia. Actualidade xurídica e práctica

Data: 

venres, 15 Marzo, 2019 - 09:45 a 14:00
organizadores da xornada

A xestión pública local está sometida nos últimos anos a múltiples cambios normativos e novidades nas dinámicas de funcionamento que requiren dunha constante actualización, novidades que todas elas teñen un nexo común e transversal: a transparencia e a apertura dos gobernos.  

Para garantir o coñecemento das mesmas e a súa implantación, a Fegamp en colaboración coa Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e a Dirección Xeral de Administración Local, organizan unha xornada coa que se pretende actualizar os coñecementos en materia de transparencia coas particularidades para o ámbito local derivados dos últimos cambios normativos (Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, Real Decreto 128/2018, RXPD, Lei Orgánica 3/2018),  así como coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os Concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia dun xeito fácil e intuitivo.

Con esta Xornada preténdese acadar os seguintes obxectivos específicos:

  • Examinar as dificultades e solucións para facilitar o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local.
  • Dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para cumprir as obrigas legais de transparencia co Portal de Transparencia Local de Galicia.
  • Coñecer as novidades en materia de transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova normativa en materia de contratos do sector público.
  • Afondar na configuración das obrigas da Secretaría municipal en materia de transparencia tras o Real Decreto 128/2018, polo que se regula no réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local coa habilitación de carácter nacional.
  • Coñecer as novidades en materia de protección de datos, e as distintas e múltiles  interaccións normativas entre a transparencia e a normativa sobre protección de datos (RGPD-LOPD).

 

Data: 15 de marzo de 2019. 

Lugar: Salón de actos.  Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

R/ Concepción Arenal, 8 - 36201 Vigo. 

Horario: 10:00 a 14:00 horas.

Destinatarios/as: Esta xornada está principalmente dirixida a secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da administración local e interesados en xeral.

Formulario de inscrición.

 

Máis información e consultas no teléfono 881 998 016.

 

 

PROGRAMA:

  • 09.45h. Recepción de asistentes e entrega de materiais.
  • 10.00 h. Inauguración.

           D. Alfredo L. García Rodríguez. Presidente da FEGAMP

           Dna. Marta Mª Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local

  • 10.15-10-45 h. Presentación do Portal de Transparencia local de Galicia.

           Dna. Natalia Prieto Viso, Directora Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

  • 10.45-11-00.- A Guía Práctica de transparencia local de Galicia.

           D. Alberto Vaquero García, Profesor Titular Universidad de Vigo e Codirector de Red Localis

  • 11.00- 11. 45  h. Novidades en materia de Transparencia local tras o RD 128/2018  e o RD 424/2017.

            Dna. Concepción Campos Acuña, Secretaria de Administración Local e Codirectora de Red Localis

  • 11.45-12.15 h. Pausa-café.
  • 12.15-13.00  h. Novidades en materia de contratación e o seu impacto en materia de transparencia.

           Dna. Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, Xunta de Galicia

  • 13.00-13.45 h. Novidades en materia de protección de datos. Interacción normativa entre a transparencia, a administración electrónica e o RGPD e LOPD.

           D. Daniel Neira Barral, Profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Red Localis

  • 13.45-14.00  h. Clausura da xornada.

           Dna. Milagros Otero Parga, valedora do pobo

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada152.17 KB