Xornada: A transparencia na administración local de Galicia

Data: 

venres, 15 Xuño, 2018 - 10:00
cartel xornada transparencia fegamp 2018

 

A Fegamp en colaboración coa Dirección Xeral de Avaliación e Refoma Administrativa e a Dirección Xeral de Administración Local, organizan unha xornada coa que se pretende actualizar os coñecementos en materia de transparencia coas particularidades para o ámbito local derivados dos últimos cambios normativos (Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público e Real Decreto 128/2018),  así como coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os Concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia. Ademais, pretende acadar os seguintes obxectivos específicos:

  • Examinar as dificultades e solucións para o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local.
  • Dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para cumprir as obrigas legais de transparencia co Portal de Transparencia Local de Galicia.
  • Coñecer as novidades en materia de transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova normativa en materia de contratos do sector público.
  • Afondar na configuración das obrigas da Secretaría municipal en materia de transparencia tras o Real Decreto 128/2018, polo que se regula no réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local coa habilitación de carácter nacional.

Data: 15 de xuño de 2018 

Lugar: Salón 2. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Edificios Administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela. VEXA AQUÍ CÓMO CHEGAR. CONSULTE O PLANO DE ACCESO AO SALÓN 2 NO ARQUIVO DISPOÑIBLE AO FINAL DA PÁXINA.

Horario: 10:00 a 14:00 horas.

Destinatarios/as: Esta xornada está principalmente dirixida a secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da administración local.

Prazo de inscrición finalizado.

Máis información e consultas no teléfono 881 998 016.

 

Programa:

  • 10.00 h. Inauguración.

                         D. Alfredo L. García Rodríguez. Presidente da FEGAMP

  • 10.15 h. Presentación do Portal de Transparencia Local de Galicia.

                         Dna. Natalia Prieto Viso, directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Xunta de Galicia.

  • 11.00 h. Dereito de acceso á información pública: procedemento, límites e protección de datos.

                         Dna. Milagros Otero Parga, valedora do pobo.

  • 11.30 h. Pausa-café.
  • 12.00 h. Transparencia electrónica na contratación pública: Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

                         Dna. Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, Xunta de Galicia.

  • 12.30 h. Presentación da Guía Práctica de transparencia local de Galicia: traslación ao ámbito local das obrigas legais sobre transparencia.

                           Alberto Vaquero García, Profesor titular de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo

  • 13.00 h. Obrigas de transparenciados Secretarios tras o Real Decreto 128/2018, de 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional.

                          Dna. Concepción Campos Acuña, secretaria de Administración Local, categoría superior e codirectora da Red Localis.

  • 13.45 h.  Clausura da xornada.

                          Dna.Marta Mª Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local.

 

 

Descargas: