XORNADA TÉCNICA DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DA PÍLLARA DAS DUNAS

Data: 

xoves, 9 Maio, 2019 (Todo o día)
Cartel da xornada - Píllara das Dunas

Esta xornada técnica sobre a xestión e conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) está organizada polo Grupo de Traballo sobre a Píllara das dunas (integrado por administracións locais, autonómica, universidades e entidades conservacionistas) e o Concello de Carballo.

Nesta xornada cuxo programa se detalla máis abaixo, exporanse as medidas de conservación e xestión para a Píllara das Dunas nas que se ven traballando nos últimos anos dende a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e as demáis administracións e entidades do Grupo de Traballo, segundo determina a normativa medioambiental.

Esta xornada vai dirixida a concelleir@ de medio ambiente e ou técnic@ do mesmo departamento.

Non se necesita inscrición previa.

Data: 09 de maio do 2019

Hora: 10:30 h

Lugar: Salón de actos Edificio Forum Carballo (Carballo, A Coruña)

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada54.16 KB
PDF icon Invitación para os concellos79.79 KB