XORNADA PRÁCTICA SOBRE NOVIDADES LEXISLATIVAS NA XESTIÓN E CONTROL NO SECTOR PÚBLICO

Data: 

martes, 30 Outubro, 2018 (Todo o día)

Esta xornada que se vai celebrar en Santiago está organizada pola Fundación Fiasep e E&Y.

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN: Martes 30 de outubro de 2018. Centro IESIDE Santiago de Compostela. Rúa Nova, 33. Santiago de Compostela

XORNADA GRATUITA

OBXECTIVO DA XORNADA:

A entrada en vigor de novas normas que regulan a xestión pública require organizar foros de encontro dos afectados para a análise práctica do seu contido e para compartir e intercambiar experiencias, aclaracións, e solucións. E elo, tanto para o seu adecuado cumprimiento  como, especialmente,  para conseguir obter, na súa aplicación polas diferentes administracións e entidades públicas, que as normas aporten o máximo de melloras nos procedementos que as mesmas perseguen.

A QUÉN VAI DIRIXIDA:

A Presidencia das Comunidades Autónomas ou das Corporacións Locais, os Xestores, Secretarios Xerais e Interventores e o seu persoal. Responsables políticos. Persoal de confianza. Funcionarios e Profesionais que desenvolven a súa actividade nas Administracións, autonómica e local, e Entidades dependentes das mesmas, con responsabilidade na xestión, control económico-presupostario, áreas de contratación ou Sistemas de Información, tecnoloxía e comunicacións. 

A inscrición poderá ser á totalidade ou algunha das tres ponencias.

METODOLOXÍA: 

A metodoloxía utilizada, baséase nunha visión práctica de cada un dos temas que se abordan, con unha primeira fase de impartición por expertos profesionais con dilatada experiencia e profundos coñecementos prácticos nas dúas materias abordadas. Ao rematar cada exposición inicial iniciarase un dialogo entre asistentes e relatores para ampliar ou aclarar o esposto e, especialmente, para compartir as dúbidas e experiencias prácticas de todos os asistentes.

PROGRAMA: 

ASPECTOS PRÁCTICOS PARA A APLICACIÓN DO REAL DECRETO:

10:00h-10:40h. Análise xeral do Real Decreto 424/2017 e as súas implicacións nas funcións dos Interventores locais. Aspectos prácticos da súa aplicación: plan anual control financeiro, análise de riscos, colaboración con auditores, fiscalización limitada previa.

D. Alejandro Martínez Gómez. Socio de Sector Público de EY. Membro en excedencia do Corpo Superior de Auditores do Tribunal de Contas.

10:40h-11:00h. Coloquio e intercambio entre relator e asistentes

ASPECTOS PRÁCTICOS NOVA LEI DE CONTRATOS:

11:00h-11:40h. A nova Lei de Contratos do Sector Público: motivación e novidades. Algúns aspectos clave da nova lei de contratos: os criterios de adxudicación e a determinación do precio de licitación, a asignación de riscos nas concesións, e o maior control da contratación.

D. Angel Luis Martínez Fuentes. Socio de Sector Público de EY.

11:40h-12:00h. Coloquio e intercambio entre relator e asistentes

12:00h-12:30h Café

ASPECTOS PRÁCTICOS DA LEI DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIONS PÚBLICAS:

12:30h-13:10h. Presentación do Estudo do grado de adecuación á Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

D. Carlos González Luis. Socio de Consultoría de Sector Público de EY.

13:10h-13:30h. Coloquio e intercambio entre relator e asistentes

SECRETARIA TÉCNICA DA XORNADA: FUNDACIÓN FIASEP

INSCRICIÓNS:

Persoa de contacto: Dª. Alicia Luis López. Responsable de Formación da Fundación FIASEP

Teléfono: 91 562 55 25

Email: aluis@fundacionfiasep.org

Inscripción gratuita: sendo imprescindible a previa confirmación de asistencia ata unha semana antes da data de celebración. A inscrición poderá ser á totalidade ou a algunha/s das tres ponencias

Prazas limitadas: A reserva de praza farase por riguroso orde de confirmación.