XORNADA "PACTOS DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA"

Data: 

xoves, 15 Decembro, 2016 (Todo o día)

Este evento está organizado polo Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, e a "Covenant of Mayors Office" (Oficina do Pacto dos Alcaldes con sede en Bruselas), en colaboración co Concello de Granollers, o Concello da Coruña, a Mancomunidade de Municipios Sostibles de Cantabria, a Deputación Provincial de Ourense e a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC).
O obxectivo da xornada “Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía” é crear un foro especializado na iniciativa “Pacto dos Alcaldes” que permita aos concellos xerar mellores oportunidades financeiras para os seus proxectos en materia de clima e enerxía e dar a coñecer as boas prácticas a nivel rexional e nacional da mesma.
Está dirixida a alcaldesas/es, concelleiras/os, técnicas/os e, en xeral, ao persoal ao servizo das entidades locais interesadas na iniciativa “Pacto dos Alcaldes”.
Terá lugar o vindeiro día 15 de decembro de 2016 na Deputación Provincial da Coruña (Avda. Porto da Coruña, 2 – 15003 A Coruña).

O programa e o formulario de suscrición están dispoñibles aquí.

Para máis información, contacte en europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

galer_a_fotos