XORNADA LUGO: A transparencia na administración local de Galicia. Actualidade xurídica e práctica

Data: 

venres, 22 Novembro, 2019 - 09:00
organizadores da xornada

 

A xestión pública local está sometida nos últimos anos a múltiples cambios normativos e novidades nas dinámicas de funcionamento que requiren dunha constante actualización, novidades que todas elas teñen un nexo común e transversal: a transparencia e a apertura dos gobernos.  

Para garantir o coñecemento das mesmas e a súa implantación, a Fegamp en colaboración coa Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e a Dirección Xeral de Administración Local, organizan unhas xornadas  coa que se pretende actualizar os coñecementos en materia de transparencia coas particularidades para o ámbito local derivados dos últimos cambios normativos (Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, Real Decreto 128/2018, RXPD, Lei Orgánica 3/2018),  así como coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os Concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia dun xeito fácil e intuitivo.

Con estas Xornadas preténdese acadar os seguintes obxectivos específicos:

  • Examinar as dificultades e solucións para facilitar o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local.
  • Dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para cumprir as obrigas legais de transparencia co Portal de Transparencia Local de Galicia.
  • Coñecer as novidades en materia de transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova normativa en materia de contratos do sector público.
  • Afondar na configuración das obrigas da Secretaría municipal en materia de transparencia tras o Real Decreto 128/2018, polo que se regula no réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local coa habilitación de carácter nacional.
  • Coñecer as novidades en materia de protección de datos, e as distintas e múltiples  interaccións normativas entre a transparencia e a normativa sobre protección de datos (RGPD-LOPD).

A xornada terá lugar en: 

♦  LUGO

Data: 22 de novembro de 2019. 

Lugar: Salón de actos.  Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo

Horario: 10:00 a 14:00 horas.

Destinatarios/as: Esta xornada está principalmente dirixida a secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da administración local e interesados en xeral.

Prazo de inscrición aberto ata o 21 de novembro de 2019. Aforo limitado.

 Máis información e consultas no teléfono 981 555 999.

Formulario de inscrición.

 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon LUGO - Programa xornada 22 Novembro 530.96 KB