XORNADA DE XESTIÓN DEPORTIVA PARA PEQUENOS E MEDIANOS MUNICIPIOS

Data: 

venres, 21 Abril, 2017 (Todo o día)

A FEGAMP e a Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña,a Escola Galega de Administración Pública, e o Concello de Santiago de Compostela, estamos a organizar unha xornada titulada "Xornada de xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios” que se celebrará o vindeiro 21 de abril no Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela.

Obxectivo da xornada:

O obxectivo da xornada é analizar as competencias en materia deportiva que deben exercer os concellos pequenos e medianos de Galicia, valorar algunhas ferramentas de planificación e xestionen que melloren a calidade de prestación dos servizos deportivos locais e identificar as debilidades e problemas actuais da xestión deportiva municipal, e expor alternativas de futuro.

Xornada dirixida a:

A xornada está dirixida a Concelleiros/as e persoal técnico municipal responsable das áreas de deporte.

Prazo de inscrición:

É preciso que as persoas interesadas en participar na xornada se inscriban ata o 18 de abril, no seguinte enlace: http://www.agaxede.org/gl/jornada-municipio/ 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Cartel329.07 KB
Image icon Programa da xornada204.34 KB
Fegamp