Xantar 2016. XVII Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Data: 

domingo, 7 Febreiro, 2016 (Todo o día)

A Fegamp estivo presente na 17ª edición desta recoñecida feira ourensá que defende a cultura da calidade na gastronomía e a sitúa como un dos reclamos turísticos máis importantes. O presidente Alfredo García visitou as instalacións de Expourense, acompañado da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, entre outras autoridades. Máis fotografías nesta ligazón: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1022842741118651.1073741830.21...