VII CONVOCATORIA DE BOAS PRÁCTICAS LOCAIS

Data: 

luns, 1 Abril, 2019 (Todo o día)
Cartel da convocatoria de boas prácticas locais

Áreas de actuación
A presente convocatoria divídese en tres áreas de actuación, en cada unha das cales se concederá un máximo de tres premios:
- Sensibilización e prevención sobre a violencia de xénero. Poderanse presentar aquelas iniciativas de información, sensibilización e prevención que se dirixiran á poboación en xeral, ás mulleres que sofren violencia de xénero, ou aos profesionais que interveñen neste ámbito.
- Atención e apoio ás mulleres vítimas de violencia e aos seus fillos e fillas. Poderanse presentar as actuacións que desde o ámbito local se realicen co obxectivo de dar atención, apoio e acompañamento ás mulleres que sofren violencia de xénero.
- Detección e coordinación. Poderanse presentar aquelas actuacións exitosas no ámbito da detección da violencia de xénero e da coordinación intra e interinstitucional nesta materia.
 

Data límite para a presentación das boas prácticas 1 de ABRIL de 2019
Deben remitirse a:  igualdad@femp.es
Grupo de traballo:
- Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero
- Federación Española de Municipios e Provincias
- Persoas expertas en violencia de Xénero

Máis información:
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS
C/ Nuncio, 8 · 28005 MADRID
Telf.: 91 364 37 00
Fax: 91 365 54 82
e-mail: igualdad@femp.es
www.femp.es
www.aulaviolenciadegeneroenlocal.es

Descargas: