V PREMIOS GALICIA DE ENERXÍA

Data: 

mércores, 17 Xaneiro, 2018 (Todo o día) a xoves, 8 Febreiro, 2018 (Todo o día)

O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) ten entre os seus obxectivos recoñecer as mellores traxectorias no fomento e implantación de boas prácticas no campo da enerxía, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades. É por elo, que convoca e organiza a 5ª edición dos PREMIOS GALICIA DE ENERXÍA. O obxectivo destes galardóns é recoñecer as mellores traxectorias no fomento e implantación de boas prácticas no campo da enerxía, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades. 

Nesta V convocatoria establécense as seguintes categorías:

- Premio ao mellor comunicador en materia enerxética.
- Premio á mellor actuación de sensibilización e difusión en materia enerxética.
- Premio ao mellor proxecto emprendedor.
- Premio ao mellor proxecto de iluminación.
- Premio ao mellor proxecto de innovación.
- Premio ao mellor proxecto de enerxías renovables.
- Premio ao mellor proxecto de eficiencia enerxética.

O prazo de presentación de candidaturas remata o 8 de febreiro ás 12:00 horas e deben ser enviadas a: colegio@icoiig.es 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Convocatoria dos premios2.83 MB
PDF icon Bases da convocatoria109.84 KB