Unha ferramenta web permitirá aos concellos mellorar en custos e sostibilidade do ciclo da auga

Data: 

venres, 29 Maio, 2015 (Todo o día)

O Centro de Estudos Avanzados de Santiago de Compostela acolleu onte a presentación dos resultados finais do proxecto 'Aquaenvec', incluído no programa 'Life' da Comisión Europea, coordinado pola Fundación Cetaqua, e realizado con participación de 30 investigadores da a Universidade de Santiago (USC), a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), a Universidade de Valencia (UV), Viaqua e Sorea. Unha nova ferramenta web permitirá ás administracións locais e empresas concesionarias detectar os erros nas distintas fases do ciclo da auga para a súa posterior corrección. Servirá polo tanto para reducir a factura eléctrica das fases do ciclo da auga, mellorar o seu tratamento e levar a cabo cambios que reduzan o impacto sobre o medioambiente.

A ferramenta informática, homologada por Aenor, servirá para conseguir a certificación ISO 14045. Os concellos poderán, polo tanto, optimizar o ciclo da auga e avanzar cara á sostibilidade.

Agora mesmo xa se poden introducir na web os datos vinculados co ciclo da auga, co custo enerxético da captación, potabilización e tratamento, e outros parámetros relacionados coas redes de subministro, tratamento e verquidos. A propia páxina ofrecerá con todos eles un diagnóstico conxunto que será o que facilite a toma de decisións. A propia ferramenta detecta o erro e achega solucións.

Mira a nova no xornal 'La Voz de Galicia': http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2015/05/29/herram...

Vídeo explicativo do proxecto en you tube: https://www.youtube.com/watch?v=N64E1v0Fqyk