SUBVENCIÓNS A XEODESTINOS DE GALICIA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE DINAMIZACIÓN TURÍSTICA. PRAZO: 20-01-2020

Data: 

venres, 20 Decembro, 2019 (Todo o día) a luns, 20 Xaneiro, 2020 (Todo o día)

 

Axencia Turismo de Galicia 

Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a xeodestinos de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501C). BDNS (Identif.): 485673.

Obxecto e réxime

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos xeodestinos de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501C).

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os requisitos establecidos nestas bases, as seguintes tipoloxías de entidades supramunicipais xestoras dos xeodestinos de Galicia definidos no artigo 23 da Lei 7/2011, do turismo de Galicia, que desenvolvan actuacións de dinamización turística durante o ano 2020, que se distribúen en dúas categorías:

Categoría 1ª: entidades locais.

a) Mancomunidades e consorcios locais constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Estas entidades supramunicipais deberán ter atribuídas competencias en materia de turismo.

b) Agrupacións de concellos, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.

Categoría 2ª: outras entidades.

a) Os grupos de desenvolvemento rural (GDR) recoñecidos polo Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, polo que se resolve a convocatoria sobre a selección de estratexias de desenvolvemento local e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia, así como sobre a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

b) Outras asociacións legalmente constituídas onde haxa unha participación maioritaria dos concellos que integran o xeodestino, sempre e cando os seus estatutos recollan as actuacións en materia de turismo como un dos seus obxectivos.

Actuacións subvencionables

a) Planificación, creación e consolidación de produto turístico no xeodestino.

b) Comercialización, promoción e difusión do produto turístico.

c) Formación dirixida ao sector turístico.

d) Novas tecnoloxías aplicadas ao turismo.

Importe

As subvencións obxecto desta resolución imputaranse ás seguintes aplicacións orzamentarias:

– 11.A2.761A.760.3, proxecto 2015 00006 (categoría 1ª), cun crédito de 550.000,00 €, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

– 11.A2.761A.781.0, proxecto 2015 00005 (categoría 2ª), cun crédito de 525.000,00 €, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Descargas: