SUBVENCIÓNS POR DANOS EN INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS E REDE VIARIA DAS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PRAZO: 04-03-2019

Data: 

luns, 4 Febreiro, 2019 (Todo o día) a luns, 4 Marzo, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Política Territorial e Función Pública

Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2018 da Secretaría de Estado de Política Territorial pola que se convocan subvencións por danos en infraestruturas municipais e rede viaria da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias e deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia, previstas no acordo de Consello de Ministros do 10 de Novembro de 2017. BDNS (Identif.): 437171.

Obxecto

Financiar ata o 50 por cento do custo da execución das obras de reparación ou restitución de: infraestruturas, equipamentos e instalacións e servizos de titularidade municipal, incluídos no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e da rede viaria das deputacións provinciais afectadas, así como da comunidade autónoma do Principado de Asturias, sempre que sexan consecuencia dos acontecementos que deron lugar á declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil.

Bases Reguladoras

Orde HAP/196/2015, do 21 de xaneiro, publicada no BOE do 12 de febreiro de 2015.

Beneficiarios 

Deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comunidade Autónoma do Principado de Asturias.

Poderán presentar solicitudes as entidades beneficiarias nos termos que indica o artigo 6.4 a) da Orde HAP/196/2015, do 21 de xaneiro, así como aqueloutras entidades locais incluídas no ámbito territorial da declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, por acordo de Consello de Ministros do 10 de Novembro de 2017: Comunidades Autónomas de Galicia e do Principado de Asturias.

Contía 

O importe máximo das subvencións é de 1.460.282,23 euros.

Prazo

Un mes desde a publicación deste extracto no BOE.

Descargas: