SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA. PRAZO: 17-06-2019

Data: 

venres, 17 Maio, 2019 (Todo o día) a luns, 17 Xuño, 2019 (Todo o día)

 

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. BDNS (Identif.): 454692.

Obxecto 

O obxecto de estas bases e apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos (código de procedemento IN421S).

Beneficiarios

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) As entidades sen ánimo de lucro.

c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.

d) Universidades públicas de Galicia.

2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Investimentos subvencionables

1. Os paneis solares fotovoltaicos.

2. O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cables, equipamentos de medidas etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota etc.) e sistema de acumulación con baterías.

3. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

4. O custo de montaxe e conexionado.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes, contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no DOG.

Descargas: