SUBVENCIÓNS PARA A PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PRAZO: 30-04-2015

Data: 

sábado, 17 Xaneiro, 2015 - 01:00 a xoves, 30 Abril, 2015 - 02:00

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 30 decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2015.

Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, correspondentes ao exercicio de 2015, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través das súas xefaturas territoriais e da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva, agás nos seguintes casos:

– As vías de convenios de colaboración vencellados a programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas especiais ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional e que se consideren de interese social, aos cales se refire o número 2 do artigo 2, que se tramitarán segundo o previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Os proxectos formativos con compromiso de contratación inmediata a que se refire o número 3 do artigo 2 desta orde, que se tramitarán en réxime de concesión directa, de acordo co previsto no Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, polo que se regula a concesión directa de determinadas subvencións nos ámbito do emprego e da formación profesional ocupacional.

Vías de programación

As accións formativas pódense solicitar polas seguintes vías de programación:

1. Vía ordinaria de programación: poderán participar os centros e entidades colaboradoras acreditados no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que poderán solicitar calquera dos certificados de profesionalidade en que estean acreditadas á data de publicación da orde (procedemento TR301K).

O financiamento desta vía ordinaria elévase a:

– 8.309.000,00 euros, para a aplicación orzamentaria 11.03.323A.481.0.
– 10.600.000, 00 euros, para a aplicación orzamentaria 11.03.323A.471.0.
– 3.400.000,00 euros, para a aplicación orzamentaria 11.03.323A.460.1.

2.Vía de programación de convenios de colaboración vinculados a programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas especiais ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional e que se consideren de interese social. Neste suposto as entidades deberán solicitar a inscrición ou acreditación provisional segundo o artigo 3.4 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, cando proceda (procedemento TR301O).

O financiamento desta vía elévase a:

– 400.000,00 euros, para a aplicación orzamentaria 11.03.323A.460.1.
– 500.000,00 euros, para a aplicación orzamentaria 11.03.323A.481.0.

3. Vía de programación de proxectos formativos con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR301P).

O financiamento desta vía elévase a 300.000, 00 euros para aplicación orzamentaria 11.03.323A.471.0.

Só poderá presentarse solicitude de subvención por unha das vías de programación. No caso de presentarse solicitudes por distintas vías de programación, só se admitirá a presentada en primeiro lugar.

Entidades beneficiarias

Sección 2ª. Vía de programación dos convenios de colaboración (procedemento TR301O):

Administracións locais e outras institucións públicas ou entidades sen ánimo de lucro que teñan entre o seus fins a formación ou inserción profesional dos colectivos de traballadores a que se dirixen estes programas.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2015.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon dog10.pdf1.78 MB