SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN MARCHA DE LABORATORIOS COOPERATIVOS NO RURAL. PRAZO: 30-06-2018

Data: 

venres, 8 Xuño, 2018 (Todo o día) a sábado, 30 Xuño, 2018 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

ORDE do 24 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2018 e 2019. BDNS (Identif.): 401750.

Obxecto e finalidade

Dinamizar a economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica no dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou unha sociedade laboral, a través dos seguintes programas:

Programa I, dirixido á dinamización da economía local mediante fórmulas de economía social, a través de entidades mentoras que identifiquen oportunidades de negocio no seu territorio e seleccionen un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica nun determinado sector, ao cal lle impartirán a formación específica necesaria nesa área de actividade, así como asesoramento e acompañamento.

Programa II, dirixido a fomentar e promover o emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no ámbito da comunidade autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais resultantes dos laboratorios cooperativos no rural previstos no programa I.

Entidades beneficiarias

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

a) Para o programa I: os concellos de Galicia, as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais; as asociacións de entidades de economía social; as asociacións e fundacións que teñan entre os seus fins a promoción do cooperativismo e da economía social, do emprendemento ou o desenvolvemento económico ou local, e as empresas privadas.

b) Para o programa II: as cooperativas e sociedades laborais resultantes dos laboratorios cooperativos previstos nesta orde.

Período de execución das accións

O período de execución de accións abranguerá desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de outubro de 2018 para o programa I e desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 para o programa II.

Contía

O orzamento total ascende a cincocentos mil euros (500.000,00 €) e a distribución inicial de créditos por programas é a seguinte: programa I: 200.000,00 € (anualidade 2018); e programa II: 300.000,00 € (100.000 € para a anualidade 2018 e 200.000 € para a anualidade 2019).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de xuño de 2018 para o programa I e o 1 de outubro de 2018 para o programa II, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Descargas: